Categoría: Representación Institucional

Acumulación de mentiras no vertedoiro da Ran

Durante todos estes anos anos, a acumulación descontrolada de lixo nas dependencias municipais da Ran non fixo máis que aumentar. Sepultadas alí por toneladas de residuos atópanse as palabras, promesas, queixas e denuncias do Alcalde Manuel Campos. Os parámetros máis elementais da vergoña recomendarían prudencia á hora de tratar este asunto. Pero unha vez máis, a arrogancia desmedida impúxose á precaución política.

O secuestro das redes sociais do Concello de Cuntis

Xestionar as presenza nas redes sociais cun mínimo de profesionalidade e rigor non é só a demanda de contar cun servizo público de calidade, é tamén unha cuestión de responsabilidade e coidado da imaxe. É a liña que separa presentarnos ante o mundo como un concello moderno, serio e atractivo ou quedármonos na mediocridade, na vulgaridade e na frivolidade.

Que pasa co proxecto de converter a antiga Casa de Correos na nova sede da Fundación Terra Termarum?

A rehabilitación da antiga Casa de Correos para convertela en sede da Fundación Terra Termarum é un proxecto que o goberno municipal de Cuntis vén anunciando como inminente dende fai varios anos. Periodicamente o Alcalde anuncia fondos para executar un proxecto que a fundación que xestiona o xacemento de Castrolandín precisa e vén demandando dende fai moito tempo. Máis alá dos anuncios e a propaganda que caracterizan a acción de goberno do PSOE, fai unhas semanas soubemos que a súa xestión real volveu provocar a perda dunha subvención de máis de 32.000 € de fondos europeos para este proxecto.